Boas, atopámonos no ano
2040 e durante os últimos 30 anos fomos testigos do empeoramento do
noso entorno. É preciso que se comecen a tomar medidas para mellorar
este aspecto e correxir erros que se puideran dar ata agora, xa é
hora de darlle a atención que se merece á nosa natureza.
Para empezar, quero facer
especial fincapé nas praias galegas. Unhas praias que foron un
orgullo para tódolos galegos, pola súa limpeza e calidade, de
feito, durante varios anos da primeira e ata a segunda década deste
século, eran consideradas das mellores praias do país, chegando a
contar con ata 128 bandeiras azuis no ano 2013, un coñecido
distintivo de calidade outorgado pola Asociación de Educación
Ambiental e do Consumidor (ADEAC). Este distintivo comezou a
outorgarse cada vez a menos praias galegas a partir do ano 2020, a
causa foi a desatención dos nosos areais, xunto con cada ano máis
temporais que azotaron a nosa costa e non se loitou o suficiente para
voltar a situación das praias a como estaban antes e o coidado dos
paseos marítimos. Actualmente o número de bandeiras azuis situase
en 78, moi lonxe das alcanzadas fai trinta ou corenta anos.
Outro punto ó que é moi
importante tamén darlle atención é a situación dos nosos montes.
Galicia sempre tivo unha gran porcentaxe de monte e bosque que hoxe
en día está mermada e descoidada en gran parte. Unha das principais
razóns para chegar a esta situación foi que unha boa parte dos
nosos bosques sempre estiveron abandoados e cheos de maleza, outra
que as características dos nosos bosques comezaron a cambiar cando
se empezou a importar o eucalipto, especie coa que se empezaron a ver
reducidas as zonas de fragas que eran tan típicas en Galicia, e a
terceira e máis importante razón foron sempre os incendios
forestais que teñen arrasado tanta masa forestal galega, aínda que
sempre se falou de protexer máis os montes, de que estivesen máis
limpos e penar ás persoas que se adicasen a prender lume nos mesmos,
non chegou a dárselle a importancia esixida.
Por isto debemos de
concienciarnos todos por fin e débense crear unhas leis máis duras
nestes aspectos para axudarlle á nosa terra a voltar ó esplendor de
tempos mellores.