Somos xente honrada é o nome da película que triunfou nos premios Mestre Mateo, xa que gañou nada máis que seis premios: mellor largometraxe, dirección, guión, actor protagonista e de reparto, maquillaxe e peluquería.
Miguel de Lira, ou Antonio Durán "Morris" son dous dos famosos actores que participaron na película.
Miguel de Lira |
Morris |
Os protagonistas da película chámanse Suso e Manuel, dous pais de familia que son amigos desde sempre. Cumplidos os cincuenta anos, quedan sen traballo, e cando a situación xa é moi difícil, un día, mentres están pescando, atopan un paquete con dez kilos de cocaína.
Alejandro Marzoa |
Este rapaz é Alejandro Marzoa, o director da película, naceu en Vigo no ano 1979 e trasladouse a Barcelona no 2001, onde se graduou na Escola de Cine e Audiovisuais de Cataluña (ESCAC) no 2006, na especialidade de Fotografía.
A continuación déixovos o trailer da película, a ver que vos parece: