![]() |
Suso de Toro |
Este é Suso de Toro, aínda que realmente se chama Xesús Miguel, naceu en Santiago, o 10 de xaneiro de 1956. Na universidade da súa cidade natal licenciouse en Arte Moderna e Contemporánea e traballou como mestre de ensinanza secundaria ata que decidiu deixalo para dedicarse de cheo á literatura.
O seu irmán, Xelís de Toro, tamén é escritor.
Publicou en galego máis de vinte libros de narrativa, teatro e ensaio, os cales foron traducidos a varios idiomas; así como Polaroid, en 1986, Ambulancia, en 1990 ou Trece badaladas, no 2002; con esta última obra gañou o Premio Nacional de Narrativa e, posteriormente, esta obra sería adaptada ao cine por Xavier Villaverde.
![]() |
Polaroid |
![]() |
Ambulancia |
![]() |
Trece badaladas |
No ano 2010 anunciou o seu retiro como escritor e retoumou o seu posto de mestre de secundaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario