|
Francisco Asorey
|
O home desta fotografía é o escultor Asorey, o cal está considerado por algúns críticos como unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX.
Despois de que Manolo na clase nos falara un pouco del, decidín buscar máis información e vouvos contar un pouco a súa vida.
Francisco Asorey naceu en Cambados, o 4 de marzo de 1889, polo tanto, hai pouco que se cumpliron 125 anos do seu nacemento. Aos 14 anos, marchou estudar a Barcelona, e alí obtivo os seus primeiros premios. Máis tarde, exerceu de mestre nun colexio de Bilbao.
En 1918, volve a Galicia e instálase en Santiago, onde casa e permanece ata a súa morte, o 2 de xullo de 1961. Aquí monta o seu propio taller de escultura, e envía as súas obras ás Exposicións Nacionais, obtendo gran éxito de crítica.
A continuación deixareivos algunha fotografía das súas esculturas máis relevantes.
|
Naiciña (1922, Arxentina) |
Naiciña é o nome desta escultura, a cal é unha das máis famosas de Asorey. Na actualidade, atópase en Arxentina, xa que a trasladaron nos anos 20, e agora quérena traer para Galicia.
|
O tesouro (1924, Madrid)
|
|
Monumento a Curros Enríquez (1934, A Coruña) |
|
Monumento a San Francisco (1926, Santiago)
|
|
Monumento a Ramón María Aller (1959, Lalín) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario