Nesta entrada falareivos dun escritor de moita sona que todos vós coñecedes e, seguramente, lestes os seus libros. Na actualidade está considerado como o escritor galego con máis proxección internacional, xa que a súa obra está traducida a vinte idiomas.
|
Manuel Rivas |
Manuel Rivas naceu na Coruña, o 24 de outubro de 1957. Comezou como periodista aos 15 anos escribindo para
El Ideal Gallego. Foi estudar a Madrid Ciencias da Información e colaborou en numerosos medios de comunicación, como
El País, Diario de Galicia (do cal foi nomeado subdirector)
e
La voz de Galicia. Tamén presentou os programas da TVG
Máis alá e
O mellor.
No campo da literatura, deuse a coñecer como cofundador do grupo poético Loia, na revista co mesmo nome, onde apareceron as súas primeiras composicións en 1977. Entre as súas obras máis destacadas están
Que me queres, amor? (1996) e tamén
O lapis do carpinteiro (1998). Ambas novelas que foron levadas á gran pantalla, a última protagonizada por
Luís Tosar.
|
Que me queres, amor? |
|
O lapis do carpinteiro |
No hay comentarios:
Publicar un comentario