Pedro Pardo de Cela Rodríguez de Aguiar e Ribadeneyra foi un mariscal galego do século XV, casado coa filla do primeiro conde de Lemos, Isabel Pérez Osorio, e fillo de Xoán Nunes Pardo, señor da Torre de Cela e de Dona Teresa Rodríguez de Aguiar.
Tras morrer Enrique IV de Castela, o Reino de Galicia atopábase nunha situación delicada, e Pardo de Cela, sendo partidario de Xoana a Beltranexa, enfrentouse á política dos novos reis de Castela, Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón.
Os Reis Católicos emprenden a anexión do Reino de Galicia asasinando as principais familias nobles galegas, pero Pardo de Cela declarouse fiel á soberanía do Reino de Galicia e rebelde á submisión ao Reino de Castela.
Finalmente, logo dunha loita contra os enviados do Reino de Castela, foi derrotado e decapitado fronte a Catedral de Mondoñedo, por orde dos Reis Católicos.
Ver mapa más grande
Ver mapa más grande
A continuación, déixovos cun vídeo que conta a historia e a rebeldía deste personaxe:
No hay comentarios:
Publicar un comentario