Nesta última entrada vou falar un
pouco da miña familia materna.
Os meus avós maternos chamábanse
Maximino Felgar Gato e María Isabel López Fernández. Meu avó
naceu en Ferreira (San Sadurniño) no ano 1936, ao comezo da Guerra
Civil, e miña avoa en Insua (Ortigueira) en 1932.
Coñecéronse arredor do ano 1950,
casaron e viviron un tempo en Ferreira, para despois mudarse a San
Ramón (Moeche) e finalmente a Doso (Narón), onde faleceron.
Aquí están os meus avós, Maximino e
Isabel ao pouco tempo de casar.
No 1957 tiveron a súa primeira filla
aínda que morreu ao pouco tempo, e ao ano seguinte tiveron outra
filla (miña nai), e posteriormente tiveron outros cinco fillos.
Viviron unha vida de labregos, aínda
que meu avó se dedicaba tamén á construcción.
Aquí un exemplo dos traballos de miña
avoa de labrega.
Agora vouvos mostrar un par de fotos
duns tíos de miña nai.
Secundina era irmá de Maximino, meu
avó, e emigrou moi nova a Inglaterra, onde viviu toda a súa vida.
Secundina |
Nesta foto están Secundina, o seu
marido e un fillo deles, alá en Inglaterra:
O home da seguinte foto é Paulino,
tamén irmán de meu avó, que se foi ata Asturias buscando traballo,
casou alí, e viviu alí sempre.
Outro irmán de meu avó marchou de
rapaz para Bélxica pero non temos fotos del, nin sabemos nada da súa
vida alá, xa que non voltou.
Por último, poño unha foto de Matilde
Gato Campos, miña bisavoa, nai de meu avó Maximino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario